A Xunta destinou máis de 20 millóns de euros en tres anos a axudar a 10.500 familias galegas a mellorar e facer máis accesibles as súas vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta destinou máis de 20 millóns de euros en tres anos a axudar a 10.500 familias galegas a mellorar e facer máis accesibles as súas vivendas

A Xunta destinou máis de 20 millóns de euros en tres anos a axudar a 10.500 familias galegas a mellorar e facer máis accesibles as súas vivendas

Máis de 10.500 familias galegas beneficiáronse nos tres últimos anos das axudas da Xunta para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas existentes, un programa a través do cal xa se concederon 20,2 millóns de euros en subvencións.

Deste xeito, no marco das tres últimas convocatorias do devandito programa —2019, 2020 e 2021—, o IGVS xa leva concedidas 1.387 subvencións das que se beneficiaron un total de 10.511 vivendas, tendo en conta que en moitos casos os solicitantes son comunidades de propietarios que piden a axuda para intervir sobre inmobles residenciais de tipoloxía colectiva, un tercio deles pertencentes á provincia de Pontevedra.

Para continuar coa súa aposta pola rehabilitación do patrimonio construído, o IGVS mobilizará o próximo ano case 17 millóns a través de cinco programas de axudas destinados a subvencionar actuacións de restauración e eficiencia enerxética en contornas residenciais, na liña marcada pola UE, así como dun fondo para brindar apoio económico na xestión das diferentes liñas.

A convocatoria do primeiro destes programas, o PREE 5000, saiu publicada no DOG este mesmo xoves, 4 de novembro, aínda que os interesados terán que agardar ata xaneiro para poder solicitar as axudas.

Fonte | Xunta de Galicia