A xunta directiva da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia presentou unha serie de demandas e necesidades profesionais ao concelleiro de urbanismo de Santiago | Observatorio de Vivenda

A xunta directiva da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia presentou unha serie de demandas e necesidades profesionais ao concelleiro de urbanismo de Santiago

A xunta directiva da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia presentou unha serie de demandas e necesidades profesionais ao concelleiro de urbanismo de Santiago

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica de Santiago, Iago Lestegás, reuniuse coa Xunta directiva da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia para recibir a presentación dunha serie de demandas e necesidades profesionais arredor de temas como a tramitación de licenzas, a mobilidade e o modelo de cidade.

Os directivos colexiais expuxéronlle ao concelleiro a problemática actual ao redor da tramitación das licenzas de construcción, unha cuestión pola que non se ve afectado únicamente o concello de Santiago e que precisa dun plan estratéxico autonómico.

A xunta directiva tamén presentou suas inquedanzas sobre a falta dun 'modelo consciente' de cidade. 

Fonte.- El Correo Gallego