A Xunta disporá o vindeiro ano de 20 M€ para conceder préstamos sen xuros a concellos de menos de 50.000 habitantes para rehabilitar inmobles municipais | Observatorio de Vivenda

A Xunta disporá o vindeiro ano de 20 M€ para conceder préstamos sen xuros a concellos de menos de 50.000 habitantes para rehabilitar inmobles municipais

A Xunta disporá o vindeiro ano de 20 M€ para conceder préstamos sen xuros a concellos de menos de 50.000 habitantes para rehabilitar inmobles municipais

A Xunta de Galicia disporá o vindeiro ano de 20 millóns de euros para conceder préstamos sen xuros a concellos de menos de 50.000 habitantes para levar a cabo actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído, segundo avanzou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.  

Durante unha visita á casa reitoral de Montemaior, no concello coruñés da Laracha, que se vai a rehabilitar ao abeiro desta iniciativa, Ángeles Vázquez explicou que estes préstamos, que deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos, teñen por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio.

Fonte.- Xunta de Galicia