A Xunta duplica a súa achega económica ao Consorcio do Casco Vello para os vindeiros dous anos | Observatorio de Vivenda

A Xunta duplica a súa achega económica ao Consorcio do Casco Vello para os vindeiros dous anos

A Xunta duplica a súa achega económica ao Consorcio do Casco Vello para os vindeiros dous anos

A Xunta de Galicia anunciou que duplicará a súa achega ao Consorcio do Casco Vello de Vigo. Se ata agora a contía situábase arredor dos 200.000 euros, en 2020 e 2021 achegaranse 400.000 euros por ano, por medio do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que mantén o 90 por cento do capital do Consorcio. Este esforzo faise para aumentar a actividade do organismo, que xa leva recuperadas 106 vivendas dende a súa creación e que espera duplicar investimentos no vindeiro ano, para o que conta cun presuposto de 1.64 millóns de euros.

Fonte.- Faro de Vigo