A Xunta e o concello de Vilariño de Conso avalían o proxecto municipal para rehabilitar inmobles na rúa San Martiño e destinalos a vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta e o concello de Vilariño de Conso avalían o proxecto municipal para rehabilitar inmobles na rúa San Martiño e destinalos a vivendas

A Xunta e o concello de Vilariño de Conso avalían o proxecto municipal para rehabilitar inmobles na rúa San Martiño e destinalos a vivendas

A Xunta de Galicia e o Concello de Vilariño de Conso avalían vías de colaboración para levar a cabo a rehabilitación de 2 inmobles na rúa San Martiño para destinalos a vivendas. Este proxecto municipal foi analizado pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa da localidade, Melisa García, nunha reunión que mantiveron recentemente.

Durante o encontro, a vicepresidenta segunda explicou á rexedora a posibilidade de optar a unha nova convocatoria das axudas para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal, dado que o concello ten menos de 20.000 habitantes. Neste caso, as axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada.

Fonte.- Xunta de Galicia