A Xunta e o Consorcio do Casco Vello de Vigo unen esforzos para revitalizar a zona | Observatorio de Vivenda

A Xunta e o Consorcio do Casco Vello de Vigo unen esforzos para revitalizar a zona

A Xunta e o Consorcio do Casco Vello de Vigo unen esforzos para revitalizar a zona

O presidente da Xunta de Galicia aproveitou a gala dos Premios da Cultura Galega para propoñer unha serie de medidas para apoiar a revitalización do Casco Vello. O Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV) leva anos impulsando políticas para axudar e incentivar a compra de vivendas nestas históricas rúas.

Agora o obxectivo é fomentar a aparición de comercios e novas empresas que aposten por situarse no Casco Vello. Para iso, o plan elaborado concederá a cesión gratuíta de 17 locais, propiedade do CCVV, aos mellores proxectos emprendedores escollidos. Ata 10 de estes locais serán reservados para emprendedores ou start-ups da industria cultural e creativa.

Fonte| La Voz de Galicia