A Xunta e a Valedora do Pobo renovan a súa colaboración para divulgar as medidas que permitan ás familias manter os seus fogares | Observatorio de Vivenda

A Xunta e a Valedora do Pobo renovan a súa colaboración para divulgar as medidas que permitan ás familias manter os seus fogares

A Xunta e a Valedora do Pobo renovan a súa colaboración para divulgar as medidas que permitan ás familias manter os seus fogares

A Xunta e a Valedora do Pobo manteñen un ano máis a súa colaboración para divulgar e informar das medidas do Goberno galego que permitan ás familias manter os seus fogares, xa que renovaron o convenio de colaboración que ten por obxectivo intercambiar información de forma áxil e fluída sobre as persoas afectadas en Galicia por procedementos de execucións hipotecarias e desafiuzamentos por impagamento.

Nesa liña, salientouse que o orzamento en materia de vivenda para o ano 2022 ten por obxectivo facilitar a emancipación das persoas mozas; facer máis social o parque de vivenda, para apoiar ás persoas que teñen maiores dificultades; e seguir apoiando as actuacións en materia de rehabilitación.

Outra das medidas que se impulsará o vindeiro ano, en colaboración coa Consellería de Política Social, está dirixida a aquelas persoas en situación de exclusión que reciben atención de entidades de servizos sociais, aos que se lles sufragará os gastos do alugueiro.

Fonte | Xunta de Galicia