A Xunta eleva o seu orzamento para adquirir edificios de Cidade Vella e Orzán (A Coruña) ata os 2,2 millóns de euros ao abeiro do plan Rexurbe | Observatorio de Vivenda

A Xunta eleva o seu orzamento para adquirir edificios de Cidade Vella e Orzán (A Coruña) ata os 2,2 millóns de euros ao abeiro do plan Rexurbe

A Xunta eleva o seu orzamento para adquirir edificios de Cidade Vella e Orzán (A Coruña) ata os 2,2 millóns de euros ao abeiro do plan Rexurbe

O plan Rexurbe da Xunta contará na Coruña cun maior investimento do previsto inicialmente, xa que a Xunta elevou o orzamento asignado de un a case 2,2 millóns de euros para a adquisición de edificios en mal estado da Cidade Vella e Pescadería e ofrecer tras a súa rehabilitación vivendas de alugueiro a prezo reducido.

As ofertas dos sete inmobles considerados (seis na zona de Orzán-Pescadería e un no centro histórico), atópanse aínda en período de tramitación, pero a Xunta asegurou que se cumpren todos os requisitos, comprará o 100% dos inmobles co obxectivo de dotar de vivenda pública á cidade.

Fonte | La Opinión Coruña