A Xunta entrega aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública no concello de Vilagarcía de Arousa | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública no concello de Vilagarcía de Arousa

A Xunta entrega aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública no concello de Vilagarcía de Arousa

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, entrega esta semana aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública emprazadas no Bosque dos Desamparados, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

En ambos casos as adxudicacións realizáronse en réxime de alugueiro e a persoas maiores de 60 anos. Concretamente, emprázanse nun inmoble de vivendas de promoción pública destinadas a ser alugadas tanto a menores de 35 anos como a maiores de 60.

As vivendas contan, a primeira delas, cun só dormitorio, salón-cociña, recibidor, baño, praza de garaxe e rocho e a segunda coa mesma distribución aínda que, neste caso, dispón de dous dormitorios.

Fonte | Xunta de Galicia