A Xunta entrega cinco vivendas de promoción pública en Fermín Rivera e no barrio da Tinería, en Lugo | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega cinco vivendas de promoción pública en Fermín Rivera e no barrio da Tinería, en Lugo

A Xunta entrega cinco vivendas de promoción pública en Fermín Rivera e no barrio da Tinería, en Lugo

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), entregou cinco vivendas nos barrios da Tinería e da Ponte, en Lugo. Así, a Xunta pasará a ter 84 vivendas ocupadas das 87 que dispón no barrio da Tinería, xa que hai tres que están en proceso de reparación. As vivendas transferidas, en réxime de alugamento, teñen un ou dous dormitorios.

A modo de balance sobre a actuación da Xunta neste casco histórico de Lugo, levouse a cabo a reforma dun total de 36 edificios a través de diversos plans e actuacións, con 87 vivendas recuperadas e 23 locais comerciais postos a disposición de novos emprendedores.

A aposta da Xunta de Galicia pola rehabilitación deste barrio seguirá adiante a vindeira semana co sorteo doutras nove vivendas, correspondentes a outros catro edificios xa rehabilitados pero que aínda están en proceso de recepción e polo tanto pendentes de entregar.

Tamén se fixo entrega das chaves aos adxudicatarios doutras tres vivendas na rúa Fermín Rivera, un barrio no que a Xunta dispón de 41 vivendas. Destes pisos, a maioría de dous ou tres dormitorios e con garaxe, 35 están actualmente ocupados, tres entregáronse hoxe, e outros tantos atópanse en proceso de adxudicación.

Fonte | Xunta de Galicia