A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Ferreira de Pantón, en Lugo | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Ferreira de Pantón, en Lugo

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Ferreira de Pantón, en Lugo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo entrega dunha vivenda de promoción pública situada en Ferreira de Pantón, en Lugo. 

A vivenda adxudícase en réxime de alugueiro e dispón dunha superficie de 85,4 metros cadrados; conta con tres dormitorios e tamén con rocho e garaxe. Forma parte dun edificio rehabilitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, no que se acondicionaron oito pisos de promoción oficial. Na actualidade, están todos ocupados.

Fonte | Xunta de Galicia