A Xunta entrega en Betanzos catro vivendas protexidas, rehabilitadas a través do programa Rexurbe, que disporá en 2024 dun orzamento de 5 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega en Betanzos catro vivendas protexidas, rehabilitadas a través do programa Rexurbe, que disporá en 2024 dun orzamento de 5 M€

A Xunta entrega en Betanzos catro vivendas protexidas, rehabilitadas a través do programa Rexurbe, que disporá en 2024 dun orzamento de 5 M€

A Xunta de Galicia entregou hoxe catro vivendas protexidas no centro histórico de Betanzos rehabilitadas ao abeiro do chamado programa Rexurbe, unha iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para comprar inmobles deteriorados ou en estado de abandono co obxectivo de recuperalos e destinalos despois a alugueiro social, que o vindeiro ano disporá dun orzamento de 5 millóns de euros.

Os novos inquilinos pagarán unha renda mensual de entre 120 euros e 250 euros, dependendo das características de cada inmoble. Así, tres das vivendas teñen dous dormitorios, e a máis grande conta con tres. A vicepresidenta segunda subliñou que son vivendas nas que prima a calidade, a utilidade e o respecto pola recuperación do patrimonio construído.

Logo de explicar que estas son as segundas vivendas que se entregan na localidade ao abeiro desta iniciativa, Ángeles Vázquez salientou que o obxectivo é acadar o obxectivo de 17 inmobles rehabilitados, dos que se obterán 22 vivendas protexidas e 3 locais comerciais. Nestes momentos, en 10 inmobles xa concluíron as obras, 5 están a ser rehabilitados e outros 2 están pendentes de licitación.

Fonte.- Xunta de Galicia