A Xunta entrega sete vivendas de promoción pública en Ferrol | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega sete vivendas de promoción pública en Ferrol

A Xunta entrega sete vivendas de promoción pública en Ferrol

A Xunta de Galicia entregou aos seus adxudicatarios as chaves de sete vivendas de promoción pública emprazadas na rúa Fonte da Greza de Ferrol, outorgadas en segunda adxudicación unha vez que foron recuperadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo tras a renuncia dos anteriores adxudicatarios.

Trátase de vivendas destinadas ao alugueiro por parte de persoas menores de 35 anos ou maiores de 65, que contan con superficies útiles de 40,75 m2 (un dormitorio) ou 55,60 m2 (dous dormitorios). Os adxudicatarios, que foron seleccionados por sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, pagarán alugueiros que oscilan entre 46 e 63 euros mensuais.

Por outra parte, continúan os traballos do IGVS para a rehabilitación de inmobles no conxunto histórico de Ferrol Vello a través do programa Rexurbe.

En total, o IGVS adquiriu e está a rehabilitar 18 inmobles no conxunto histórico de Ferrol. As vivendas resultantes destinaranse ao alugueiro social, adxudicándose a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Fonte | Xunta de Galicia