A Xunta esgotará os fondos do programa de adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes coa concesión de máis dun cento de axudas | Observatorio de Vivenda

A Xunta esgotará os fondos do programa de adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes coa concesión de máis dun cento de axudas

A Xunta esgotará os fondos do programa de adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes coa concesión de máis dun cento de axudas

A Xunta de Galicia esgotará o crédito dispoñible para o programa de adquisición de vivenda nun concello de menos de 5.000 habitantes, coa concesión ao abeiro da convocatoria de 2021 de máis dun cento de axudas a persoas menores de 35 anos. Na actualidade o IGVS xa resolveu un total de 96 expedientes, que suman un importe de 660.000 euros, pero nas vindeiras semanas se seguirán atendendo as solicitudes presentadas para adxudicar o importe restante, ata chegar aos 800.000 euros, o orzamento da convocatoria do actual exercicio.

Desta forma, saliéntase a importancia deste programa na emancipación da mocidade en concellos pequenos rurais, na loita contra o despoboamento e na recuperación urbanística e do patrimonio edificatorio.

Por último, recordar que esta liña de actuación está recollida no Pacto Social pola Vivenda promovido pola Xunta e asinado por dez entidades e colectivos representativos do sector en Galicia para mobilizar máis de 1.080 millóns de euros entre fondos públicos e privados a través de case 50 medidas e accións estratéxicas nos vindeiros cinco anos.

Fonte | Xunta de Galicia