A Xunta facilítalle ao concello da Coruña a axilización da urbanización do barrio de Xuxán | Observatorio de Vivenda

A Xunta facilítalle ao concello da Coruña a axilización da urbanización do barrio de Xuxán

A Xunta facilítalle ao concello da Coruña a axilización da urbanización do barrio de Xuxán

A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña ratifican a súa colaboración para axilizar a urbanización do barrio de Xuxán, coñecido antigamente como Parque Ofimático, un ámbito cunha superficie total de preto de 350.000 m2 e un aproveitamento urbanístico de 382.313 m2.

Así, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o Concello da Coruña e tamén a Asociación Parque Ofimático 2010 asinarán proximamente un protocolo de colaboración, unha vez sexa autorizado pola Xunta de Goberno Local e polo Consello de Administración de Xestur.

Así, a través do protocolo, a Xunta adiantará o pago de 3 millóns de euros para rematar as obras da primeira fase do barrio de Xuxán, mentres a Administración local licitará e adxudicará as actuacións correspondentes a esa primeira etapa. Pola súa parte, o Concello comprométese a axilizar a contratación das obras de finalización da primeira etapa, informando a Xestur e á asociación do estado de tramitación e execución.

Finalmente, a Asociación Parque Ofimático 2010 comprométese a colaborar coa Administración local na elaboración e xestión das derramas que correspondan aos seus asociados e a cooperar na resolución dos conflitos que poida xurdir.

Fonte | Xunta de Galicia