A Xunta financia con 192.000 euros a conversión do antigo centro médico de Carballedo en catro vivendas de protección autonómica | Observatorio de Vivenda

A Xunta financia con 192.000 euros a conversión do antigo centro médico de Carballedo en catro vivendas de protección autonómica

A Xunta financia con 192.000 euros a conversión do antigo centro médico de Carballedo en catro vivendas de protección autonómica

A Xunta de Galicia achega 192.000 euros ao Concello de Cerdedo-Cotobade para a rehabilitación do antigo centro médico de Carballedo e a súa conversión en catro vivendas de protección autonómica, ao abeiro da súa política de rehabilitacións e recuperación do patrimonio arquitectónico co obxectivo de darlle unha nova vida a infrastrcturas municipais.

A achega autonómica, de carácter bianual, concedeuse ao abeiro da orde de axudas 2020 para a restauración de antigas vivendas de titularidade municipal promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Así, o proxecto de rehabilitación do antigo centro médico consistíu na preparación de dúas casas de 130 m2 construídos na planta baixa e outras dúas, con 72 m2 cada unha, no primeiro andar, con acceso independente para darlles a máxima utilidade aos preto de 500 m2 do inmoble.

Fonte | Xunta de Galicia