A Xunta financia con máis de 160.000 euros a rehabilitación de catro vivendas de mestres en Sober | Observatorio de Vivenda

A Xunta financia con máis de 160.000 euros a rehabilitación de catro vivendas de mestres en Sober

A Xunta financia con máis de 160.000 euros a rehabilitación de catro vivendas de mestres en Sober

- Na convocatoria de 2018 xa se concederon axudas a seis concellos por importe de máis de 650.000 euros 
- Os concellos beneficiarios destas axudas, ademais de Sober, son Tordoia, Ordes, Bande, Vilardevós, Mos e Oia 
- As vivendas rehabilitadas deberán destinarse ao alugueiro por unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda 



Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018.- A Xunta de Galicia financiará con máis de 160.000 euros a rehabilitación de catro antigas vivendas no concello lucense de Sober, no marco da convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras vivendas de titularidade municipal. 

A convocatoria para 2018 das axudas foi realizada no pasado mes de decembro cunha dotación orzamentaria de preto dun millón de euros, o que supuxo un incremento de máis do 80% respecto das axudas concedidas na convocatoria de 2017, na que se concederon o 100% das axudas solicitadas. 

Ao abeiro da convocatoria actual xa foron concedidas axudas a sete concellos por un importe total de máis de 650.000 euros e están en tramitación as solicitudes doutros concellos 

Os concellos beneficiarios das axudas, ademais de Sober, son Tordoia (1 vivenda), Ordes (1 vivenda), Bande (3), Vilardevós (6), Mos (1) e Oia (2 vivendas). 

Poden beneficiarse destas axudas de rehabilitación os concellos de menos de 20.000 habitantes nos que existan demandantes de vivenda inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e cumpran os requisitos establecidos. 

As vivendas resultantes da rehabilitación deberán ser destinadas polos concellos ao alugueiro por parte de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples, que destinarán a vivenda a residencia habitual e permanente. 

Os destinatarios das vivendas deberán estar inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Fonte.- IGVS