A Xunta financiará 14 actuacións municipais de rehabilitación este ano ao abeiro do fondo de cooperación do IGVS | Observatorio de Vivenda

A Xunta financiará 14 actuacións municipais de rehabilitación este ano ao abeiro do fondo de cooperación do IGVS

A Xunta financiará 14 actuacións municipais de rehabilitación este ano ao abeiro do fondo de cooperación do IGVS

A Xunta de Galicia achegará este ano o financiamento necesario para executar alomenos 14 actuacións de rehabilitación e conservación en 10 municipios galegos a través do Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento de apoio económico concibido para concellos de menos de 50.000 habitantes.

O balance da convocatoria deste ano, en todo caso, aínda é provisional xa que o prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro venres, 1 de outubro, polo que é probable que se reciban máis peticións.

O Fondo de Cooperación do IGVS se puxo en marcha en 2017 cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e o obxectivo de facilitarlle ás entidades locais o acceso a financiamento para proxectos de rehabilitación do patrimonio construído. Deste xeito e a través da sinatura dos correspondentes convenios, os concellos poden acceder a préstamos sen xuros, que deberán devolverlle á Xunta nun prazo de oito anos.

Fonte | Xunta de Galicia