A Xunta financiará con 250.000 euros a revisión do Plan especial do casco histórico de Allariz para axilizar e promover a rehabilitación neste ámbito | Observatorio de Vivenda

A Xunta financiará con 250.000 euros a revisión do Plan especial do casco histórico de Allariz para axilizar e promover a rehabilitación neste ámbito

A Xunta financiará con 250.000 euros a revisión do Plan especial do casco histórico de Allariz para axilizar e promover a rehabilitación neste ámbito

A Xunta de Galicia achegará un total de 250.000 euros para redactar a revisión do Plan especial de protección do casco histórico (Pepch) de Allariz, aprobado en 1995 e cuxa finalidade é garantir a protección desta zona con medidas orientadas a lograr que permanezan activas, conten con servizos e revitalicen as vilas nas que se atopan a través da aposta pola rehabilitación.

Segundo o convenio asinado entre Medio Ambiente e o concello, o departamento galego asumirá o 100% do custo da revisión e actualización do Pepch, o que supón un paso máis na posta en valor do casco histórico do municipio e permitirá seguir conxugando o uso residencial, o comercial e os espazos verdes e de lecer para goce da veciñanza.

Así mesmo, cómpre lembrar que estes instrumentos de ordenación son acordes aos obxectivos e políticas da Xunta en materia de conservación e fomento dos cascos históricos, que se traduciron nos últimos anos no impulso dunha serie de medidas, actuacións e axudas en materia de rehabilitación e vivenda nestas zonas.

Neste sentido, cómpre lembrar a liña de subvencións existente para apoiar a compra da vivenda habitual en centros históricos —con axudas de ata 15.000€— ou os programas destinados a facilitar a rehabilitación de inmobles nestes ámbitos cando estean nunha Área de rehabilitación integral (ARI) ou nunha Área Rexurbe, por exemplo.

Fonte | Xunta de Galicia