A Xunta financiará con case 45.000 euros a compra dun inmoble para rehabilitar en Outeiro de Rei co fin de destinalo a servizos sociais | Observatorio de Vivenda

A Xunta financiará con case 45.000 euros a compra dun inmoble para rehabilitar en Outeiro de Rei co fin de destinalo a servizos sociais

A Xunta financiará con case 45.000 euros a compra dun inmoble para rehabilitar en Outeiro de Rei co fin de destinalo a servizos sociais

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará un total de 44.563,27 euros ao Concello de Outeiro de Rei (Lugo) co fin de financiar a adquisición dun inmoble localizado en pleno núcleo urbano para acometer a súa rehabilitación e destinalo a servizos sociais.

Con este fin, a Consellería e o Concello veñen de asinar telematicamente un convenio de colaboración que lle dará acceso a este municipio lucense ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento para apoiar aos concellos de menos de 50.000 habitantes no financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

Ademais, ao abeiro da convocatoria do Fondo realizada este ano estanse tramitando peticións por un importe global de 2,2 millóns de euros, incluída a actuación para a adquisición dun inmoble para a súa rehabilitación por parte do Concello de Outeiro de Rei.

Fonte | IGVS