A Xunta financiou con 492.000 euros 62 obras de mellora en vivendas do sur da provincia de Lugo | Observatorio de Vivenda

A Xunta financiou con 492.000 euros 62 obras de mellora en vivendas do sur da provincia de Lugo

A Xunta financiou con 492.000 euros 62 obras de mellora en vivendas do sur da provincia de Lugo

 

O Goberno galego apoiou economicamente durante o últimos tres anos 62 intervencións de mellora en vivendas promovidas por particulares no conxunto do sur da provincia de Lugo. En conxunto, as axudas concedidas pola administración autonómica nos municipios situados nesa zona ascenderon a 492.000 euros.  

Monforte é o municipio que máis axudas rexistra, con 27 dos 62 totais. As subvencións restantes repártense entre Taboada (11), A Pobra do Brollón (5), Bóveda (4), Pantón (3), Sober (3), Folgoso do Courel (3), Chantada (2), Ribas de Sil (2), Quiroga (1) e Carballedo (1).

Fonte | La Voz de Galicia