A Xunta inclúe entre os seus obxectivos principais o fomento e incentivo do acceso da xente nova a súa primeira vivenda | Observatorio de Vivenda

A Xunta inclúe entre os seus obxectivos principais o fomento e incentivo do acceso da xente nova a súa primeira vivenda

A Xunta inclúe entre os seus obxectivos principais o fomento e incentivo do acceso da xente nova a súa primeira vivenda

O Goberno autonómico, especialmente nos últimos anos, tivo unha forte aposta por facilitar o acceso á compra de vivenda aos menores de 35 anos, con medidas e incentivos dirixidos aos máis novos para que dispoñan de apoios económicos para formar o seu fogar. Desta forma, grazas a estes apoios económicos, dende 2018, cerca de 340 mozas e mozos galegos puideron optar á compra de vivendas.

Este é un dos obxectivos recollidos no Pacto Social pola Vivenda promovido pola Xunta e asinado por un total de 10 entidades e colectivos representativos do sector en Galicia para mobilizar máis de 1.080 millóns de euros entre fondos públicos e privados a través de case 50 medidas e accións estratéxicas nos vindeiros cinco anos.

Concretamente, daráselle un novo pulo á adquisición de vivendas protexidas con axudas de ata 20.000 euros, mentres que para fomentar o alugueiro, lanzarase a modalidade de arrendamento con opción de compra para os menores de 35 anos, reformarase o programa de vivendas baleiras con axudas de ata 8.000 euros para os propietarios, e estableceranse novos instrumentos de colaboración entre a Xunta e as entidades sociais para paliar a exclusión residencial dos colectivos máis vulnerables.

Fonte | Xunta de Galicia