A Xunta incrementa ata 66,4 M€ o orzamento das axudas para rehabilitación enerxética de edificios, case tres veces máis que na convocatoria anterior | Observatorio de Vivenda

A Xunta incrementa ata 66,4 M€ o orzamento das axudas para rehabilitación enerxética de edificios, case tres veces máis que na convocatoria anterior

A Xunta incrementa ata 66,4 M€ o orzamento das axudas para rehabilitación enerxética de edificios, case tres veces máis que na convocatoria anterior

A Xunta de Galicia incrementa en 30 millóns de euros, ata chegar a 66,4 millóns, os fondos destinados á actual convocatoria de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios de tipo residencial, o que supón practicamente triplicar o orzamento destinado a esta mesma liña de incentivos o ano pasado.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación da partida inicialmente asignada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a este programa, que en 2022, no marco da súa primeira convocatoria na Comunidade, saldouse cunha execución do 100% e unha notable demanda.

Fonte.- Xunta de Galicia