A Xunta ingresa 33 millóns de euros menos polos impostos á venda de vivendas mentres que recolle 273 millóns máis grazas a outros impostos | Observatorio de Vivenda

A Xunta ingresa 33 millóns de euros menos polos impostos á venda de vivendas mentres que recolle 273 millóns máis grazas a outros impostos

A Xunta ingresa 33 millóns de euros menos polos impostos á venda de vivendas mentres que recolle 273 millóns máis grazas a outros impostos

Nun contexto de euribor ao 3,36% e unha cesta da compra cada vez máis cara, a venda de vivendas freouse drasticamente este ano en Galicia, coa súa correspondente repercusión nas arcas autonómicas da comunidade. Tanto é así que a Xunta ingresou 33 millóns de euros menos polos impostos vinculados a esta actividade que no mesmo período do ano pasado; o que equivale a un descenso do 14,6% por encima da caída media autonómica do 13,7% segundo datos do balance publicado polo Ministerio de Facenda.

Este descenso contrasta co aumento xeral da recadación grazas ás melloras nas cifras de emprego e consumo debido á alza dos prezos, especialmente na cesta da compra. De feito, a Xunta recadou 273 millóns máis de recadación xeral grazas ao imposto sobre a renda das persoas físicas e ao IVE.

No caso do imposto de Sucesións e Doazóns, a rebaixa aplicada pola Xunta no ano 2020 significa que só se gravan os legados superiores ao millón de euros en caso de tratarse de parentes por liña directa, conxelando os ingresos autonómicos por esa vía. Por este imposto as arcas da Consellería de Facenda deberían recibir 191,7 millóns de euros, apenas 1,1 menos que no mesmo período do exercicio anterior.

Fonte.- Faro de Vigo