A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación en réxime de alugueiro de tres vivendas de promoción pública en Ourense | Observatorio de Vivenda

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación en réxime de alugueiro de tres vivendas de promoción pública en Ourense

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación en réxime de alugueiro de tres vivendas de promoción pública en Ourense

A Xunta de Galicia acaba de iniciar o procedemento de selección dos adxudicatarios de tres vivendas de promoción pública (VPP) localizadas no casco histórico de Ourense. Segundo consta na resolución que publica hoxe o DOG, as tres VPP están localizadas na rúa Vilar, concretamente unha no número 3 e as outras dúas, no número 5.

A adxudicación producirase en réxime de alugueiro. As condicións que deberán cumprir os beneficiarios será estar inscritos ou anotados á data desta resolución no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia como solicitantes de vivendas de protección oficial de promoción pública de núcleos rurais e cascos históricos, para o concello de Ourense; ter uns ingresos ponderados por unidade familiar entre 1 e 3,5 veces o IPREM; residir ou traballar no concello no que se localizan as vivendas -excepto no caso de emigrantes que desexen retornar-; e carecer de vivenda en calidade de propietario.

As VPP adxudicaranse en tres lotes mediante sorteos diferenciados, que se celebrarán ante notario o próximo 18 de novembro nas dependencias da área provincial ourensá do IGVS. Esta separación obedece ás propias características das vivendas, dirixidas a diferentes tipos de unidades de convivencia.

Fonte | Xunta de Galicia