A Xunta inicia o procedemento para adxudicar unha vivenda de promoción pública no concello de Culleredo | Observatorio de Vivenda

A Xunta inicia o procedemento para adxudicar unha vivenda de promoción pública no concello de Culleredo

A Xunta inicia o procedemento para adxudicar unha vivenda de promoción pública no concello de Culleredo

A Xunta de Galicia acaba de iniciar o procedemento para seleccionar ao futuro adxudicatario dunha vivenda protexida de promoción pública (VPP) localizada no concello coruñés de Culleredo, segundo a resolución publicada no DOG. Trátase dun inmoble de tres dormitorios que, ao abeiro de anteriores procesos selectivos, xa fora adxudicado pero que na actualidade volve estar á disposición do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) tras quedar vacante.

Para poder optar a esta vivenda, os beneficiarios terán que cumprir unha serie de requisitos: estar inscritos ou ter a solicitude de inscrición presentada a día de hoxe no Rexistro único de demandantes de vivenda indicando Culleredo como concello preferente; ter uns ingresos ponderados por unidade familiar ou de convivencia entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM; residir ou traballar no municipio no que está a VPP —agás no caso de emigrantes que desexen retornar—; e carecer dunha vivenda en propiedade.

A listaxe de adxudicatarios publicarase nos taboleiros de anuncios do Concello de Culleredo, no da área provincial coruñesa do IGVS e na páxina web deste organismo.

Fonte | Xunta de Galicia