A Xunta inicia as obras de rehabilitación de 2 inmobles en Ferrol Vello para dotar á cidade de 5 novas vivendas de promoción pública | Observatorio de Vivenda

A Xunta inicia as obras de rehabilitación de 2 inmobles en Ferrol Vello para dotar á cidade de 5 novas vivendas de promoción pública

A Xunta inicia as obras de rehabilitación de 2 inmobles en Ferrol Vello para dotar á cidade de 5 novas vivendas de promoción pública

A Xunta comezará mañá as obras de rehabilitación de 2 edificios no centro histórico de Ferrol para construír 5 novas vivendas de promoción pública (VPP) que pasarán a reforzar o parque público residencial da cidade. Son, concretamente, os números 8 e 22-24 da rúa Carme Curuxeiras, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e nos que o organismo autonómico investirá 1,75 millóns de euros, incluíndo o custo da adquisición e os traballos construtivos.

Cómpre lembrar que esta iniciativa naceu no ano 2018 co obxectivo de dinamizar zonas históricas de vilas e cidades comprando edificios abandonados e solares para rehabilitalos e destinalos despois a usos residenciais. Neste sentido, Ferrol é o municipio de referencia do programa xa que, como lembrou a vicepresidenta, o IGVS adquiriu nel ata o momento un total de 24 inmobles, co obxectivo de obter a partir deles 49 VPP e 4 locais comerciais e un investimento mínimo estimado en 11,3 millóns de euros.

Fonte.- Xunta de Galicia