A Xunta inicia os trámites para excluír da expropiación 11 vivendas existentes no ámbito da ampliación de San Paio de Navia | Observatorio de Vivenda

A Xunta inicia os trámites para excluír da expropiación 11 vivendas existentes no ámbito da ampliación de San Paio de Navia

A Xunta inicia os trámites para excluír da expropiación 11 vivendas existentes no ámbito da ampliación de San Paio de Navia

A Xunta de Galicia iniciou os trámites para a exclusión de determinados bens e dereitos do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación do solo residencial de San Paio de Navia, en Vigo.

Un total de 11 fincas son susceptibles de ser excluídas da expropiación por existir nelas vivendas construídas que o proxecto urbanístico recolle como compatibles coa nova ordenación, polo que se poden manter dentro da ampliación do ámbito.

Unha vez iniciados os trámites, a Xunta proporá a cada propietario un convenio no que se establezan as condicións da exclusión, que supón manter a vivenda construída pero adaptar as parcelas ao previsto no proxecto, de maneira que parte do solo será expropiado. O convenio establecerá tamén o valor do solo a expropiar e a cota de urbanización que lle corresponderá pagar a cada propietario.

As vivendas excluídas da expropiación serán aquelas cuxos propietarios acepten o convenio proposto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en aplicación da normativa vixente.

 

Fonte | Xunta de Galicia