A Xunta investirá máis de 600.000 euros na compra de seis edificios no centro histórico de Tui para rehabilitalos | Observatorio de Vivenda

A Xunta investirá máis de 600.000 euros na compra de seis edificios no centro histórico de Tui para rehabilitalos

A Xunta investirá máis de 600.000 euros na compra de seis edificios no centro histórico de Tui para rehabilitalos

Despois de que se aprobase o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico e posteriormente se declarasen como Área Rexurbe 135.000 metros cadrados da zona vella, o Concello de Tui inicia este ano o camiño cara á súa rehabilitación, co fin de revitalizala.

Desta forma, o primeiro paso a dar pola Xunta será a adquisición deste seis inmobles, para os que destinará un orzamento total de ata 630.000 euros. Espérase que a compra se leve a cabo en decembro deste ano para, en 2022, comezar os proxectos de rehabilitación e posteriores obras de reforma.

Fonte | Faro de Vigo