A Xunta investirá o próximo ano 17 M€ na área da Coruña en actuacións de vivenda, solo empresarial e urbanismo | Observatorio de Vivenda

A Xunta investirá o próximo ano 17 M€ na área da Coruña en actuacións de vivenda, solo empresarial e urbanismo

A Xunta investirá o próximo ano 17 M€ na área da Coruña en actuacións de vivenda, solo empresarial e urbanismo

A Xunta de Galicia investirá o próximo ano nos concellos da área coruñesa un total de 17 millóns de euros en actuacións en materia de vivenda, solo empresarial e urbanismo.

Así o indicou esta mañá a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que aproveitou a súa presenza en Abegondo para facer un avance das contas do seu departamento nesta comarca e anunciar algúns dos principais investimentos previstos para o vindeiro ano nas materias da súa competencia.

A vicepresidenta explicou que desta contía global a partida máis importante, 7,9 millóns de euros, corresponde a actuacións no eido residencial, en resposta ás necesidades que presenta a zona desde este punto de vista.

En concreto, indicou que se reservan 5,4 millóns á construción de 138 vivendas de promoción pública (VPP) no Xuxán (antigo Parque Ofimático) e 1,6 millóns en axudas para construír 50 vivendas en edificios enerxeticamente eficientes destinadas a alugueiro no mesmo barrio, promovidas neste caso polo Concello.

Fonte.- Xunta de Galicia