A Xunta inviste 8 millóns de euros en vivenda pública en Vigo para a construcción de 62 novas vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta inviste 8 millóns de euros en vivenda pública en Vigo para a construcción de 62 novas vivendas

A Xunta inviste 8 millóns de euros en vivenda pública en Vigo para a construcción de 62 novas vivendas

O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, anunciou esta mañá o investimento de 8 millóns de euros en vivenda pública, que se materializa na construcción de 62 novas vivendas na cidade de Vigo e informou de que no 2022 construiránse 80 máis no barrio de San Paio de Navia.

A nova coincide co acto de entrega de 26 vivendas de promoción pública financiadas pola Xunta no barrio vigués de Cambeses. Estes pisos adxudícanse en réxime de alugueiro con rendas sociais cun prezo máximo de 153 euros mensuais. Así mesmo, esta promoción conta tamén con sete pisos en réxime de compravenda e tres que se traspasarán ao Concello pola cesión do solo, acadando un total de 36 inmobles. Ademáis, informou de que en xaneiro terá lugar a entrega de 26 vivendas situadas no barrio de Chantada.

A Xunta pretende con estas inversións que os colectivos máis vulnerables tamén podian ter acceso a vivenda. Estes pisos contarán, como mínimo, con dous dormitorios, unha praza de garaze e con habitacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida. 

Fonte | Xunta de Galicia