A Xunta lanza a oferta pública de adquisición de inmobles do programa Rexurbe para rehabilitar vivenda na Coruña, Ribadavia e Tui por un importe de 1,5 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta lanza a oferta pública de adquisición de inmobles do programa Rexurbe para rehabilitar vivenda na Coruña, Ribadavia e Tui por un importe de 1,5 M€

A Xunta lanza a oferta pública de adquisición de inmobles do programa Rexurbe para rehabilitar vivenda na Coruña, Ribadavia e Tui por un importe de 1,5 M€

A Xunta de Galicia lanza unha nova oferta pública para a adquisición de inmobles do programa Rexurbe, en concreto para rehabilitar vivenda na cidade da Coruña, Ribadavia e Tui, por un importe global de 1,5 millóns de euros.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución pola que se convoca a cuarta convocatoria pública deste tipo, pola cal a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pretende adquirir inmobles, rehabilitalos e habilitar vivendas públicas nos centros históricos das cidades e vilas galegas.

A proposta da Consellería de Medio Ambiente para o presente exercicio prioriza a adquisición de inmobles nos concellos da Coruña e Ribadavia, ambos municipios con Área Rexurbe declarada, e tamén en Tui. O importe da actual convocatoria, 1,5 millóns de euros, repartirase entre os tres coa seguinte contía: 1 millón de euros para A Coruña, 250.000 euros para Ribadavia e 250.000 euros para Tui.

Os propietarios interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 9 de xullo para trasladar á Xunta as súas propostas.

Fonte | Xunta de Galicia