A Xunta licita por 146.000 € os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico de Ribadavia | Observatorio de Vivenda

A Xunta licita por 146.000 € os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico de Ribadavia

A Xunta licita por 146.000 € os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico de Ribadavia

A Xunta de Galicia licitou por un total de preto de 150.000 euros os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico do concello de Ribadavia emprazados na praza de San Xoán 3 e na praza García Boente 1 ao abeiro do programa Rexurbe.

Estas actuacións sumaranse a outras en marcha neste concello, como é a que se levará a cabo no inmoble da rúa Cervantes 16, cuxo proxecto de recuperación foi licitado por un importe de 26.659,97 euros e do que na actualidade se está a traballar na súa adxudicación.

Ademais, o Instituto Galego de Vivenda e Solo prevé adquirir varios inmobles máis no marco da oferta pública de adquisición do Rexurbe realizada este mesmo ano.

Fonte | Xunta de Galicia