A Xunta mantén aberta ata o 15 de outubro a liña de axudas para comprar vivenda en centros históricos e anima a solicitalas | Observatorio de Vivenda

A Xunta mantén aberta ata o 15 de outubro a liña de axudas para comprar vivenda en centros históricos e anima a solicitalas

A Xunta mantén aberta ata o 15 de outubro a liña de axudas para comprar vivenda en centros históricos e anima a solicitalas

A Xunta anima a solicitar as axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos, convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) o pasado mes de marzo e que aínda se poden pedir ata o vindeiro 15 de outubro.

Esta é a terceira convocatoria consecutiva que fai a Xunta e que permite optar a unha axuda de entre 10.800 e 15.000 euros para financiar a adquisición dunha vivenda xa construída (nova, usada ou que necesite rehabilitación) nun dos preto de 50 centros históricos existentes en Galicia.

Ata o momento o número de solicitudes aprobadas ascende xa a un total de 39, unha cifra que, en todo caso, poderá aumentar conforme se vaian tramitando máis expedientes ou se reciban novas peticións.

Fonte | Xunta de Galicia