A Xunta mobilizará preto de 10 millóns de euros a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro | Observatorio de Vivenda

A Xunta mobilizará preto de 10 millóns de euros a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro

A Xunta mobilizará preto de 10 millóns de euros a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro

Dende a semana pasada, pódense solicitar as axudas ao alugueiro dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da súa vivenda habitual a persoas e colectivos específicos con escasos recursos económicos. 

Neste sentido, a responsable autonómica indicou que o programa conta con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200 euros ao mes ou de 250 euros, se o solicitante ten máis de 65 anos; e outra dirixida ao colectivo de menores de 35 anos, que poderán optar grazas a ela a unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano.

Esta nova convocatoria, enmarcada no Plan estatal de vivenda 2018-2021, conta cunha dotación global de 2,27 millóns de euros e poderá solicitarse a partir de mañá e durante o prazo dun mes.

Fonte | IGVS