A Xunta ofrece axudas de ata 30.000 € para restaurar vivendas e edificios residenciais na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra | Observatorio de Vivenda

A Xunta ofrece axudas de ata 30.000 € para restaurar vivendas e edificios residenciais na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra

A Xunta ofrece axudas de ata 30.000 € para restaurar vivendas e edificios residenciais na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra

A Xunta pon a disposición de propietarios particulares e comunidades de veciños con vivendas e edificios residenciais localizados na Área de rehabilitación integral (ARI) da Ribeira Sacra axudas de ata 30.000 euros destinadas a acometer obras de reforma, mantemento e mellora nos seus inmobles.

Durante unha visita esta mañá ao concello do Saviñao, 1 dos 25 municipios que integran esta ARI, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, animou á veciñanza a aproveitar os incentivos económicos que ofrece o seu departamento por terceiro ano consecutivo para fomentar as actuacións de rehabilitación residencial na zona.

Tras lembrar que o prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 30 de novembro, a responsable autonómica indicou que o orzamento reservado este ano ás axudas para a ARI da Ribeira Sacra ascende a 1,13 millóns de euros, unha dotación que duplica á de 2022.

Fonte.- Xunta de Galicia