A Xunta otorga fondos a Forcarei para mellorar a habitabilidade das vivendas escolares e podan destinarse a aluguer social | Observatorio de Vivenda

A Xunta otorga fondos a Forcarei para mellorar a habitabilidade das vivendas escolares e podan destinarse a aluguer social

A Xunta otorga fondos a Forcarei para mellorar a habitabilidade das vivendas escolares e podan destinarse a aluguer social

O Concello de Forcarei acometerá as melloras necesarias en dúas das casas que conforman este grupo de vivendas asociadas ao colexio para poder destinalas ao alugueiro. Para isto, a Xunta aprobou a axuda solicitada pola administración local para dotar a estes inmobles de calefacción, agua quente sanitaria e novas instalacións eléctricas.

No seu momento, realizouse un primeiro intento de rehabilitación, pero deixándoas sen as condicións mínimas de habitabilidade e por iso, o Concello decidiu solicitar unha subvención á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que aportará 8.297 euros ás actuacións pendentes.

Estas melloras incluirán tamén a revisión da reed eléctrica existente para independizala en cada unha das dúas vivendas, así como unha posta a punto xeral do interior do edificio. Con posterioridade, o Concello encargarase tamén da dotación de cociñas e sistemas de extracción de fumes para ambas edificacións. Neste primeiro momento a inversión prevista supera os 9.000 euros.

Fonte | Faro de Vigo