A Xunta pon á disposición da cidadanía un visor web con información cartográfica do territorio regulado pola Lei de ordenación do litoral de Galicia | Observatorio de Vivenda

A Xunta pon á disposición da cidadanía un visor web con información cartográfica do territorio regulado pola Lei de ordenación do litoral de Galicia

A Xunta pon á disposición da cidadanía un visor web con información cartográfica do territorio regulado pola Lei de ordenación do litoral de Galicia

A Xunta pon en marcha un visor web a través do que cidadanía, empresas e administracións poderán acceder a información cartográfica do territorio regulado pola Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, que entrou en vigor recentemente.

Esta ferramenta dixital, desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, permitirá aos usuarios coñecer de primeira man tanto a área na que se localizan os terreos do seu interese como os usos permitidos.

Fonte.- Xunta de Galicia