A Xunta pon en marcha unha plataforma de acceso telemático aos documentos que requiren de visado do Colexio de Arquitectos para os concellos | Observatorio de Vivenda

A Xunta pon en marcha unha plataforma de acceso telemático aos documentos que requiren de visado do Colexio de Arquitectos para os concellos

A Xunta pon en marcha unha plataforma de acceso telemático aos documentos que requiren de visado do Colexio de Arquitectos para os concellos

O nodo de interoperabilidade da Xunta pasaXe! permite xa que os concellos de máis de 20.000 habitantes poidan acceder de forma telemática á documentación visada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) necesaria para as tramitacións urbanísticas e de licencias.

Desta forma, os sistemas de tramitación do COAG están agora tamén conectados co nodo pasaXe!, ao que poden acceder as entidades locais adheridas ao convenio entre a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica, de forma que se facilite a tramitación por parte da persoa solicitante e permita que a documentación poida ser supervisada nun único arquivo pdf de estrutura normalizada, independentemente do tamaño ou do número de documentos que o conformen.

Será aplicable a todas as actuacións incluídas no catálogo de tramitacións de traballos profesionais do COAG relativas, entre outras, a edificación, obras ordinarias, derrubas, urbanización, planeamento, inspección técnica de edificios, certificados de eficiencia enerxética, informes periciais ou memorias.

Fonte | Xunta de Galicia