A Xunta porá en marcha un novo fondo de cooperación cos concellos para que compren ou promovan vivendas para alugueiro social cun orzamento total de 3 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

A Xunta porá en marcha un novo fondo de cooperación cos concellos para que compren ou promovan vivendas para alugueiro social cun orzamento total de 3 millóns de euros

A Xunta porá en marcha un novo fondo de cooperación cos concellos para que compren ou promovan vivendas para alugueiro social cun orzamento total de 3 millóns de euros

A Xunta de Galicia reservará inicialmente 3 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para convocar por primeira vez un Fondo de cooperación coas entidades locais destinado a apoialas no financiamento da adquisición e promoción de vivendas de nova construción para alugueiro social.

Neste sentido, cabe recordar as dificultades coas que se atopan habitualmente os concellos á hora de obter financiamento para poder levar a cabo proxectos do seu interese. Por iso, e co fin de completar o actual Fondo de cooperación de rehabilitación, a Xunta porá en marcha o vindeiro ano un segundo programa de préstamos de apoio ás entidades locais.

Aínda que o funcionamento de ambos fondos será similar (préstamos sen xuros que se financiarán cos depósitos das fianzas do IGVS), o obxectivo desta nova iniciativa será facilitar aos concellos a liquidez necesaria para promover ou comprar vivendas de nova construción dirixidas a alugueiro social. 

Fonte | Xunta de Galicia