A Xunta presenta ao concello da Coruña unha proposta para facilitar a construción de 500 novas vivendas no barrio de Xuxán | Observatorio de Vivenda

A Xunta presenta ao concello da Coruña unha proposta para facilitar a construción de 500 novas vivendas no barrio de Xuxán

A Xunta presenta ao concello da Coruña unha proposta para facilitar a construción de 500 novas vivendas no barrio de Xuxán

A Xunta de Galicia presentou hoxe ao Concello da Coruña a proposta de modificación da normativa urbanística para destinar a uso residencial dúas parcelas previstas actualmente para oficinas, co obxectivo de permitir a construción de 500 vivendas protexidas máis.

Así llo trasladou na reunión que mantiveron hoxe, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, ao concelleiro delegado de Urbanismo, Francisco Dinís Díaz. Esta proposta vén motivada por unha maior demanda de vivenda protexida na cidade fronte á de oficinas comerciais.

Nese senso, o director xeral avanzou que nas próximas semanas terá lugar unha nova reunión de carácter técnico co fin de avanzar nesta modificación.

A maiores, no encontro, Heriberto García reiterou a necesidade de que o Concello axilice, canto antes, a tramitación de solicitudes relativas a este ámbito como, por exemplo, a licencia de primeira ocupación das 40 vivendas construídas polo IGVS, requisito imprescindible para facer entrega das chaves aos seus adxudicatarios.

Fonte.- Xunta de Galicia