A Xunta prevé esgotar os fondos das convocatorias deste ano das axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais | Observatorio de Vivenda

A Xunta prevé esgotar os fondos das convocatorias deste ano das axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais

A Xunta prevé esgotar os fondos das convocatorias deste ano das axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais

A Xunta prevé esgotar os fondos asignados ás convocatorias de 2023 dos programas de rehabilitación enerxética de edificios e vivendas —financiados con fondos da UE a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia— á vista do volume de solicitudes recibidas.

Así llo trasladou esta mañá o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, a representantes da directiva da Asociación española de fabricantes de fachadas lixeiras e fiestras (Asefave), cos que mantivo unha reunión para compartir información sobre a marcha da execución destes programas de axudas.

Os prazos para a presentación de solicitudes para acollerse á convocatoria deste ano destas liñas de axudas remataron o pasado 2 de outubro, rexistrándose solicitudes para preto de 17.000 vivendas en total, cifra que aínda se poderá ver incrementada porque seguen chegando ao IGVS solicitudes presentadas en prazo.

Fonte.- Xunta de Galicia