A Xunta propón unha modificación da Lei de costas para devolver o valor patrimonial aos inmobles situados na costa galega | Observatorio de Vivenda

A Xunta propón unha modificación da Lei de costas para devolver o valor patrimonial aos inmobles situados na costa galega

A Xunta propón unha modificación da Lei de costas para devolver o valor patrimonial aos inmobles situados na costa galega

A Xunta de Galicia proporá unha modificación da Lei estatal de Costas para devolver o valor patrimonial aos máis de dous mil quilómetros de costa que existen en Galicia e que son parte da historia e da cultura desta sociedade. 

Segundo explicou a conselleira de Vivenda e Medio Ambiente, esta dobre modificación da normativa estatal en materia de costas ten por finalidade recuperar e darlle unha nova vida aos inmobles que se localicen no Dominio público marítimo terrestre (DPMT); así como para adaptala e coordinala ao contido da Lei do solo de Galicia, no relativo ás edificacións tradicionais existentes en servidume de protección.

A primeira das modificacións fai referencia á Disposición Transitoria décima do Regulamento Xeral de Costas para aclarar que o uso residencial e o hostaleiro son análogos e intercambiables, mentres que a segunda das modificacións propostas desde o Goberno galego afecta á Disposición Adicional terceira da Lei de Costas, para facer extensible o réxime contemplado na mesma para os bens inmobles declarados de interese cultural a todos aqueles bens que gocen dalgún tipo de protección patrimonial en virtude da normativa sectorial en materia de patrimonio cultural, tanto autonómica como estatal.

Fonte | Xunta de Galicia