A Xunta publica as axudas ao alugueiro para afrontar o arrendamento total da vivenda dirixidas ás mulleres vítimas da violencia de xénero | Observatorio de Vivenda

A Xunta publica as axudas ao alugueiro para afrontar o arrendamento total da vivenda dirixidas ás mulleres vítimas da violencia de xénero

A Xunta publica as axudas ao alugueiro para afrontar o arrendamento total da vivenda dirixidas ás mulleres vítimas da violencia de xénero

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas ao alugueiro para as mulleres vítimas da violencia de xénero, que contan cun orzamento de 2,7 millóns de euros. Así, a Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de garantir un fogar ás persoas que sofren a violencia doméstica e axudalas na consecución de autonomía e independencia.

A convocatoria de axudas ao alugueiro para as vítimas de violencia de xénero é un programa dentro do Bono Alugueiro Social, impulsado no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, creado en 2019 para garantir axudas destinadas ao arrendamento de mulleres deste colectivo.

Cómpre destacar que estas subvencións completaranse cun incentivo complementario, polo que se garantirá a financiamento do 100% do custe do alugueiro ás mulleres beneficiarias desta liña de axudas. Ademais, tal e como recolle a resolución, tamén se poderá solicitar unha axuda única adicional, de ata 600 euros, que se destinará a atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións ou a facer fronte a pagos atrasados.

Fonte | Xunta de Galicia