A Xunta publica as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2021 | Observatorio de Vivenda

A Xunta publica as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2021

A Xunta publica as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2021

A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución do 4 febreiro de 2021 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2021 que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Na devandita publicación, establécese que a proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado e que estarán exentos das reservas aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas.

As táboas de porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2021 figuran no anexo da resolución, a cal pode ser consultada a través do enlace indicado.

Fonte | Xunta de Galcia