A Xunta rebaixará para 2020 os impostos sobre a compra de vivenda no rural | Observatorio de Vivenda

A Xunta rebaixará para 2020 os impostos sobre a compra de vivenda no rural

A Xunta rebaixará para 2020 os impostos sobre a compra de vivenda no rural

A Xunta de Galicia, por medio do seu presidente en redes sociais, anunciou unha rebaixa fiscal nos presupostos de 2020 que se aprobarán previsiblemente en decembro. Entre outras, destaca a redución do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais que se aplicará en 3.500 parroquias de Galicia, principalmente as rurais. A rebaixa deixará o tipo impositivo nun 5 por cento para a compra de vivenda habitual no rural, sendo o máis baixo de toda España, nunha estratexia de promoción da contorna rural levada a cabo polo goberno autonómico.

Fonte.- El Correo Gallego