A Xunta recibe 67 solicitudes de axudas para rehabilitar ou construír vivendas na ARI da Ribeira Sacra | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 67 solicitudes de axudas para rehabilitar ou construír vivendas na ARI da Ribeira Sacra

A Xunta recibe 67 solicitudes de axudas para rehabilitar ou construír vivendas na ARI da Ribeira Sacra

A Xunta de Galicia recibiu este ano un total de 67 solicitudes de axudas para rehabilitar ou construír vivendas para uso residencial nalgún dos 25 concellos que conforman a Área de rehabilitación integral (ARI) da Ribeira Sacra, unha figura de carácter supramunicipal declarada en febreiro do ano pasado.

Ata o momento, xa se concederon 24 axudas, pero o Instituto Galego da Vivenda e Solo aínda está a analizar parte das solicitudes recibidas, xa que o prazo de presentación rematou o pasado 30 de setembro.

Cómpre lembrar que é o segundo ano que a Xunta convoca esta liña de subvencións dirixida a particulares, comunidades, agrupacións de propietarios e administracións públicas con inmobles localizados dentro da ARI da Ribeira Sacra para realizar traballos de mantemento e rehabilitación, tanto no exterior como no interior. Entre as actuacións subvencionables tamén se inclúen as obras de demolición de vivendas unifamiliares e edificios co fin de promover outras de nova construción. Así, o importe máximo das axudas ás que poden aspirar os solicitantes é de 25.000 euros.

Fonte | Xunta de Galicia