A Xunta recibe máis dun cento de solicitudes de axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos e vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe máis dun cento de solicitudes de axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos e vivendas protexidas

A Xunta recibe máis dun cento de solicitudes de axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos e vivendas protexidas

A Xunta recibiu un total de 103 solicitudes de axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos e vivendas protexidas, segundo avanzou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita a un inmoble adquirido ao abeiro destas subvencións.

Logo de aclarar que o prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado luns, 2 de outubro, a vicepresidenta segunda detallou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) recibiu 56 peticións de axudas para a compra en centros históricos e 47 para a adquisición de vivendas protexidas. O orzamento dispoñible para estas dúas ordes de axudas é de 1,3 millóns de euros.

No caso do programa de adquisición de vivendas en centros históricos, as axudas son, con carácter xeral, de 10.800 euros, pero a contía pode incrementarse ata os 12.800 euros por vivenda se o solicitante é menor de 35 anos, e ata os 15.000 euros no caso de que o inmoble se localice nalgunha das 7 Áreas Rexurbe.

Fonte.- Xunta de Galicia