A Xunta recibe unha nova listaxe da Sareb que reduce a 187 as vivendas que ten dispoñibles en toda Galicia | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe unha nova listaxe da Sareb que reduce a 187 as vivendas que ten dispoñibles en toda Galicia

A Xunta recibe unha nova listaxe da Sareb que reduce a 187 as vivendas que ten dispoñibles en toda Galicia

A Xunta acaba de recibir unha nova relación de vivendas dispoñibles en Galicia propiedade da Sareb na que a entidade financeira reduce agora a só 187 os inmobles que están actualmente en comercialización na Comunidade e reúnen as condicións necesarias para o seu uso.

Esta nova comunicación prodúcese a raíz da reunión mantida a finais de xuño entre o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e representantes da Sareb, un encontro durante o cal o responsable autonómico volveu demandar concreción sobre o parque residencial do que dispón actualmente en Galicia e información detallada sobre a situación particular de cada inmoble.

Así, das 187 vivendas incluídas na última listaxe recibida, só 20 están localizadas en municipios galegos cun número elevado de demandantes, concretamente, 2 no concello de Vigo e 18 no de Ferrol. Pola contra, na relación facilitada pola Sareb non se inclúe ningún inmoble localizado nas outras 5 cidades galegas.

Fonte.- Xunta de Galicia