A Xunta remata en Cerdedo-Cotobade a rehabilitación dunha decena de antigas vivendas que se destinarán a alugueiro social | Observatorio de Vivenda

A Xunta remata en Cerdedo-Cotobade a rehabilitación dunha decena de antigas vivendas que se destinarán a alugueiro social

A Xunta remata en Cerdedo-Cotobade a rehabilitación dunha decena de antigas vivendas que se destinarán a alugueiro social

A Xunta de Galicia acaba de finalizar en Cerdedo-Cotobade a rehabilitación dun total de dez antigas vivendas de mestres que a partir de agora se destinarán a alugueiro social e ás que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinou un millón de euros.

Nunha primeira fase xa se rehabilitaran dúas destas vivendas, xa entregadas aos seus adxudicatarios en réxime de aluguer, polo que nos últimos meses se levou a cabo a recuperación das oito restantes. Nese sentido, destacou que o IGVS xa fixo o sorteo de adxudicación destas vivendas e agora está a comprobar a documentación dos futuros inquilinos, co fin de entregar as chaves canto antes.

Se rehabilitou o exterior das fachadas coa mellora da eficiencia enerxética da envolvente e das instalacións; completouse a instalación eléctrica cunha bomba de calor; ampliouse e acondicionouse o interior das vivendas —pintado, cableado, carpintería, etc.—; dotouse de mobiliario e electrodomésticos ás cociñas; e acondicionáronse os patios cunha zona cuberta ou un local para lavadora, así como a maquinaria de calefacción e auga quente.

 

Fonte | Instituto Galego de Vivenda e Solo